Información pública e audiencia Ordenanza fiscal reguladora da taxa de servizos no cemiterio municipal

18.10.18 14:55

O Concello de O Barco de Valdeorras ten a vontade de proceder á modificación parcial da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE SERVIZOS NO CEMITERIO MUNICIPAL. Neste sentido, e de conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao obxecto de favorecer a participación no citado procedemento, dar audiencia aos cidadáns afectados, solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades e solicitar a opinión das organizacións ou asociacións recoñecidas por lei que agrupen ou representen ás persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos se vexan afectados pola norma e cuxos fins garden relación co seu obxecto, acórdase a apertura dun período de información pública e audiencia aos afectados de 20 días hábiles, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, que se levará a cabo a través da web municipal e a sede electrónica do Concello de O Barco de Valdeorras

Abre un enlace externo en una nueva ventanaVer

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng