O mago Javier Muro presenta este venres Sintonía máxica

15.10.18 08:59

Este venres 19 de outubro, ás 20 horas, terá lugar no Teatro Lauro Olmo o espectáculo do mago Javier Muro Sintonía máxica, está indicado para público familiar e incluído na Rede de auditorios de Ourense (ReaOu)

En sintonía máxica a maxia existe realmente. É un cóctel formado polo humor e as situacións cómicas e divertidas, pola participación do público como improvisados axudantes e a música seleccionada para crear un ambiente moi máxico, dando lugar á creación de verdadeiros milagres.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng