A exposición Crónica de Maio de Díaz Ferrer en varias salas de Galicia

10.07.18 11:58

A exposición de Jesús Díaz Ferrer "Crónica de maio - París 1968", producida polo Concello do Barco baixo a curadoría de Luis Enrique Rodríguez Arias, continúa a súa itinerancia este verán. Está composta por 44 obras do autor valdeorrés sobre o acontecido en París, onde el vivía, durante as revoltas de maio de 1968.

Logo de estar na igrexa da Universidade en Santiago, dentro da programación da USC, viaxará a Muros onde poderá visitarse no Centro Patrimonial de Sel do 11 ao 25 de xullo. Entre o 30 de xullo e o 14 de setembro a mostra poderá verse no espazo Normal, da Universidade da Coruña, no paseo da Ronda da cidade herculina. Do 19 de setembro ao 5 de outubro as obras do pintor barquense colgarán na sala da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Xa a comezos de 2019 a mostra estará na provincia de Ourense, concretamente na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz e no Liceo de Ourense, onde Díaz Ferrer fixera a súa primeira exposición de pinturas en 1945 apadriñado precisamente por Vicente Risco.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng