Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Conferencia de Manuel Gago arredor do patrimonio cultural e Antonio Fraguas

Conferencia de Manuel Gago arredor do patrimonio cultural e Antonio Fraguas

06.05.19 09:54

"O patrimonio cultural de Galicia. Da herdanza de antonio Fraguas ao futuro" é o título da conferencia que impartirá Manuel Gago e que abrirá a Semana das Letras Galegas no Barco. Será o venres 10 de maio ás 20:30 na Biblioteca Delgado Gurriarán.

Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. É editor de Capítulo Cero (www.manuelgago.org/blog), un dos blogs referentes da rede galega, no ámbito da divulgación histórica, científica, en estilos de vida, gastronomía e cultura, e por el ten recibido premios e mencións de diferentes colectivos profesionais galegos. Colaborador habitual da Radio Galega, onde o seu último espazo foron as Efeméridas, no Galicia por Diante. Mantén as columnas Vermello contra o mar en La Voz de Galicia, e Seisentidos, na Táboa Redonda, o suplemento cultural de El Progreso e Diario de Pontevedra.

No ámbito da difusión e investigación no ámbito arqueolóxico, Gago ten participado en proxectos como a escavación do poboado da Lanzada (2010) e ten promovido e coordinado iniciativas de arqueoloxía e comunicación pública nos sitios arqueolóxicos de Pena Furada (Coirós), Torre dos Mouros (Lira, Carnota, 2012), Castro de Mallou (Carnota, 2013), Croas de Niñóns (Ponteceso, 2013) ou As Croas de Cerqueda (Malpica, 2014, en curso). É fundador de patrimoniogalego.net, a rede social do patrimonio cultural de Galicia e membrod o colectivo romanarmy.eu, de investigación da presenza do exército romano no NW peninsular. Como comisario de exposicións, Gago foi responsable en 2010 da exposición Ao pé do Lar, promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago e con sede no Museo do Pobo Galego. En 2016-17 comisariou Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, producida polo Consello da Cultura Galega en colaboración con Afundación e exposta en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. En 2018 comisariou a exposición Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia, producida polo Consello da Cultura Galega e inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Como ensaísta e escritor, Gago ten publicado libros con éxito de público. Nos últimos anos, é coautor do libro Rías Baixas, Gourmet Territory (2011). En 2012 publicou, canda o arqueólogo Xurxo Ayán, o ensaio Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2.0 Editora). No 2013 editou o libro de narrativa “Vento e Chuvia. Mitoloxía antiga de Gallaecia” (Ed. Xerais). E en 2015 Platos Rotos. Textos Gastronómicos (2003-2015), unha antoloxía da produción xornalística de Gago ao redor da relación entre viño, comida e sociedade. En 2016 foi un dos autores do libro colectivo Historia das Historias de Galicia (Xerais, 2016) e publicou a súa primeira novela: O Anxo Negro (Xerais, 2016), traducido ao castelán en 2018 como Ángel negro (Lince editora). En 2018 publicou tamén a súa segunda novela, O exército de fume (Xerais).

A nivel audiovisual, dirixiu o documental As pedras de San Lourenzo, co que obtivo o Premio a Mellor Documental no Festival de Cine Arqueolóxico de Castilla y León 2017.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng