O Descenso do Sil recibe o 21 de decembro o premio à Regata Mellor Organizada do ano 2019

19.11.19 11:09

Trátase dun recoñecemento da Federación Galega de Piragüismo ao Concello do Barco, acordado pola Xunta Directiva da Federación Galega de Piragüismo na súa última reunión, na que se decidiron todos os premios que concede cada ano para recoñecer a labor realizada por concellos, clubs e deportistas nas diferentes modalidades deste deporte.

Este temporada, según indica a Federación, “será recordada como unha das mellores da historia, con máis de 70 internacionais e un gran número de medallas”.

Os premios serán entregados na Gala do Piragüismo Galego, que se vai celebrar o 21 de decembro en Santiago. Por primeira vez, a eleccións dos mellores do ano fíxose coa colaboración da cidadanía,, que votou na páxina da Federación para axudar na concesión das distincións.

O premio á regata mellor organizada para o Descenso do Sil é un recoñecemento ao traballo realizado pola concellería de Deportes, que dedica moito esforzo a esta proba, considerada unha das máis importantes do piragüismo nacional.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng