Aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil do Barco

13.03.18 13:27

Hoxe abriuse o prazo para a solicitude de prazas na Escola Infantil Municipal do Barco. Os interesados poderán presentar as solicitudes ata o 9 de abril, inclusive.

Para o próximo curso escolar disporase de un total de 18 prazas libres (8 para nenos nados no ano 2018, 4 para nados no 2017,, e 6 para nados no 2016). Tanto as condicións para realizar a solicitude como o resto de detalles, así como a documentación necesario e os impresos poden atoparse no seguinte enlace:

www.concellodobarco.org/index.php

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng