O Teatro Lauro Olmo ofrecerá catorce espectáculos de aquí a final de ano

19.09.18 11:57

Coa estrea de Auga que non vas beber de Fantoches Baj este venres 21 de setembro, o TLO, inicia unha nova tempada na que inclúe un total de catorce espectáculos ata final de ano, son sobre todo teatrais mais tamén de música, narración oral, monicreques, maxia e novo circo, cinco deles son para público familiar.

No Teatro Lauro Olmo (en agosto reformouse a cuberta e restaurouse a galería) terán lugar as representacións preferentemente os venres pero tamén algún sábado. A programación inclúe unha escollida representación dos espectáculos que están en xira en Galicia agora mesmo e tamén dúas compañías de fóra: a canaria Abubukaka que presenta Drácula o 3 de novembro e a madrileña La Estampida que traerá Lo nunca visto o 23 de novembro. Entre as ofertas galegas estará A leituga de EmeDous, A galiña azul de Tanxarina, Fillos do Sol de Contraproducións ou Patapatum de Elefante Elegante. Estarán tamén os magos Javier Muro e Cayetano Lledó e o prestixioso compositor e arpista Rodrigo Romaní en formación de trío. O grupo de teatro da Once de Ourense, Muxicas, presentará o seu novo espectáculo: O Inspector. Fredi e Cía. traen ao Barco Involución un espectáculo de teatro e circo para adultos e a nova compñía Deste xeito a comedia Loló e mamá. Finalmente o Apalpador presentarase da man de Caxoto o penúltimo día do ano para os máis pequenos da casa e os seus acompañantes.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng