O venres 1 de xuño o CDG presenta Divinas Palabras Revolution

28.05.18 11:44

O CDG recala no Barco no medio dunha exitosa xira con Divinas Palabras Revolution, a peza de Valle Inclán en versión de Manuel Cortés e XRon, dirixida por este último e con nove actores en escena. Será este venres, 1 de xuño ás 21 horas. As entradas á venda desde unha hora antes na billeteira do teatro e anticipadamente en Ton y Son.

A consecuencia da morte de Juana, a súa irmá e a súa cuñada disputan a custodia do fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensan no benestar do neno, senón nos beneficios que poden acadar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta nova aproximación, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade, que reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas "Divinas Palabras".

Versión: Manuel Cortés e Xron, Dirección e dramaturxia: Xron. Elenco: Manuel Cortés: Pedro Gailo, Antón Coucheiro: Sétimo Miau, Patricia de Lorenzo: Marigaila, Borja Fernández: Migueliño, Mónica García: Marica do Reino, Tone Martínez: Candás, Victoria Pérez: Tatoola, Ánxela Ríos: Simoniña, Tomé Viéitez: Laureano.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng