A festa dos Maios voltará a exaltar a tradición cultural

18.04.18 11:56

Un ano máis o día primeiro de maio celebrarase no Barco o día dos Maios. Este ano será na praza do Príncipe de Asturias, onde se darán cita a partir das 11:30 horas postos de produtos tradicionais, música e danza galega, as coplas e os Maios, como expresión ancestral da nosa cultura popular.

A xornada dará comezo ás 11:30 horas co desfile dos Maios e a apertura dos postos de venda de produtos artesáns e alimentación. Pola mañá será o prato forte a actuación do grupo de baile e música galega Castro Floxo de Ourense, ás 12h30. Logo será o momento de cantar as coplas que se presentaron ao concurso. Tanto os Maios como as coplas que desexen participar no concurso deben inscribirse no rexistro municipal (Edificio Multiusos, primeiro andar) antes das 12h do día 30 de abril. Pola tarde ás 17h30 haberá unha actuación do Mago Albert que presenta o seu espectáculo Buhoneros. Cara as 19h30 serán entregados os premios. Na organización dos actos colabora co Concello do Barco o Centro Comercial Aberto.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng