“De Perto”, entre o 1 e o 18 de xullo, nos xardíns da Casa Grande de Viloira

08.06.20 13:09

A octava edición de “De Perto” celebrarase entre os días 1 e 18 de xullo. O cartel deste ano é obra de Eva Piay (Rubiá, 1999), estudante de Belas Artes en Valencia, que conta historias con debuxos e encamiña o seu traballo cara o cómic e a ilustración.

Nesta ocasión, “De Perto” permitirá que, de novo, a veciñanza volva a encontrarse arredor da palabra, e iso vai ser algo especialmente gozoso nas presentes circunstancias. Todos necesitan atoparse de novo, formar parte do colectivo máis que nunca, “comunicarnos, emocionarnos coas historias e as vidas que as palabras transportan”.

Os xardíns da Casa Grande de Viloira é un lugar cheo de maxia que resulta ideal para que se conxunten en harmonía eses elementos, para que se produza o ritual nun marco natural, amable e acolledor. As actividades celebraranse con todas as medidas de precaución recomendadas polas autoridades sanitarias para garantir que os actos programados sexan seguros para o público, os artistas e os técnicos.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng