Abrapalabra presenta Memoria das Memorias dun neno labrego

22.02.11 12:30

Cúmprense 50 anos da primeira publicación das Memorias dun neno labrego. Un libro capital para as nosas letras. O que todo o mundo leu. Do que todos gardamos unha lembranza. O que tanta xente asocia con algunha vivencia propia ou herdada. Por iso estamos convencidos de que un espectáculo a partir do libro de Neira Vilas, ademais de ser unha merecida homenaxe, pode suscitar o máis vivo interese por parte de todo tipo de públicos. Un espectáculo emotivo e divertido no que se combina a experiencia de Cándido Pazó como home de teatro coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias. Elaborado como unha proposta teatral, directo e ameno como un monólogo cómico. Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cun ambicioso deseño de iluminación, debuxa para o espectador unha suxestiva escenografía das emocións. 


Autor:
Xosé Neira Vilas. Escenografía: Carlos Alonso. Música: Manuel Riveiro. Adaptación, Dirección e Interpretación: Cándido Pazó. Público: Adultos. Duración: 80 min.


No Teatro Lauro Olmo o venres 25 de febreiro ás 21 h.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng