Os Maios, a festa enxebre da primavera no Barco

29.04.09 12:44

Este venres 1 de maio O Barco volverá a vivir Os Maios. A praza do Concello será de novo, a partir das 11, o escenario elixido para a presentación das formas vexetais e das coplas.

Neste formato de celebración do Maios, que comezara con éxito o pasado ano, colabora o Centro Comercial Aberto do Barco. No recinto daranse cita varios artesáns da comarca, floristerías e... o caldeiro do polbo, todo elo amenizado polo sexteto de música galega Foula, que presentará o seu repertorio no Barco por primeira vez.

Os maios, que poderán ser de feitura artística ou enxebre, recibirán unha serie de premios, tanto do Concello do Barco como do propio CCA. Un destes premios será adxudicado por votación entre os asistentes. As coplas serán cantadas durante o acto e tamén contarán con premios á participación.

Segundo as pevisións o venres lucirá o sol todo o día no Barco e teremos unha agradable temperatura primaveral para gozar da festa.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng