Bicharada, o último de Berrobambán para público infantil

28.04.09 12:56

Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Até que un día aparece un animal misterioso... un escaravello!. Berrobambán presenta este xoves ás 20 horas no TLO, Bicharada, a súa última produción para público intantil

Desde a primeira luz o público –nenas e nenos, grandes e pequenos- entra no mundo de Bicharada descubrindo e gozando do fantástico traballo que conseguiu vertebrar o equipo de Bicharada.

A escenografía, o vestiario, a iluminación .... todo vai encamiñado a entrar e sentir esta historia tan máxica como simple, tan sincera como divertida, tan imaxinaria como real.

Berrobambán regresa ao territorio mudo, á linguaxe visual, ao humor sen palabras, e faino da man de Evaristo Calvo na dirección artística.  Bicharada está interpretada por Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Manolo Panforreteiro.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng