Sergio Pazos e Tonino este sábado con “Maté a un tipo”

24.04.09 13:04

Dados os tempos que corren calquera pode converterse nun asasino en serie. A afirmación é do actor e, agora tamén, produtor Sergio Pazos. E esa, ao parecer é a esencia de "Maté a un tipo" unha obra do autor arxentino Daniel Dalmaroni, poderá verse no TLO o sábado ás 21 h.

"Maté a un tipo" convértese en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a profundar nas relacións da familia de clase media protagonista, onde o hábito de matar acaba por converterse nun auténtico vicio. Baixo esta premisa, Sergio Pazos, Tonino, Aisha Wizuete e Anaïs Yebra, baixo a batuta de Juan Codina, sóbense este sábado ao escenario do Teatro Lauro Olmo.

Para Sergio Pazos, actor e produtor da peza "Maté a un tipo" é unha pequena canallada, un exercicio para rir de nós mesmos e ver ata que punto calquera de nós podería converterse nun asasino en serie en situacións de presión que se xeran nunha sociedade na que non somos felices.

"Maté a un tipo", unha comedia negra de toques surrealistas e as risas garantidas, é unha produción de Bambalinas Asesinas, unha compañía en formación que nace co desexo de promover a difusión en España de dramaturgos e directores de escena españois e latinoamericanos contemporáneos. preséntase no Barco dentro do convenio de Caixanova co concello da capital valdeorresa.

 

 

SMC

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng