Actividades programadas con motivo do Día do Libro

30.04.09 09:05

O Concello do Barco de Valdeorras levará a cabo una liberación de libros con motivo da celebración, o 23 de Abril, do Día Mundial do Libro.

A iniciativa partiu da Bilioteca Florencio Delgado Gurriarán, que ademais vén de distribuír novos estantes para o “Café con Letras”, e acaba de pór en marcha dúas minibibliotecas nas escolas das poboacións de Éntoma e Veigamuiños. Nestes momentos está en estudo a creación doutras minibibliotecas en dúas localidades máis do concello.

Tamén o mesmo día 23 ás 12,00 horas, 30 nenos do colexio Xulio Gurriarán (de aproximadamente 6 anos), visitarán a Biblioteca Municipal, con motivo da celebración do Día do Libro. Os nenos formalizarán o seu carné de socios da biblioteca e realizarán, da man dos técnicos da biblioteca, un percorrido polo libro na historia, dende os exemplares máis antigos existentes nas instalacións, ata os novos soportes actuais.

Para máis información destas actividades, preme neste enlace.

Descarga aquí o listaxe de libros a liberar.

Catálogo de libros nas minibibliotecas:

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng