Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Adxudicada a elaboración do Pepri do Castro

Adxudicada a elaboración do Pepri do Castro

29.10.08 09:04

A comisión de Obras do Concello do Barco aprobou, por unanimidade, a adxudicación provisional da elaboración do Pepri da vila do Castro á empresa "Oficina de Arquitectura, Urbanismo e Planificación" (OAU). O concurso establecía un prezo máximo de 112.000 euros, IVE incluído, e a adxudicación foi finalmente en 100.000 euros, cunha baixa de algo máis do 10%.

Ao concurso presentouse outra empresa, Consultora Galega (redactora do Pepri da Zona Vella), que ofertaba un prezo máis elevado, cunha igualdade técnica entre ambas.
Por outra banda, na reunión informouse de varios proxectos para a Zona Vella, en que están a traballar os técnicos municipais, para executar algunhas das propostas realizadas polo equipo redactor do Pepri desta zona. Un deles pretende abrir a praza Maior ata o río Sil. Neste proxecto incluirase a eliminación da balaustrada que delimita esta praza polo lado do río, coa construción dunha especie de escalinata que conectará co Camiño Real e co tramo do paseo do Malecón existente neste lugar. Tamén contemplará a recuperación da fonte situada baixo a praza Maior. 
Para a Zona Vella redactarase outro proxecto que procura poñer en valor a praza das Airas. O traballo que se realizará neste lugar é similar ao xa executado na praza da Igrexa, coa plantación de árbores, a colocación de farois e bancos, e placas de pedra no chan. Preténdese así conseguir un espazo público que poida servirlles de lugar de lecer aos veciños da zona.
Outra actuación na que se está a traballar é a urbanización da rúa de San Roque, entre Manuel Quiroga e a praza das Airas.
Con estes proxectos o Concello pretende lograr o obxectivo de realizar actuacións en ambos extremos da Zona Vella, co fin de que todos os veciños e veciñas deste barrio poidan gozar ao mesmo tempo da súa recuperación. Os estudos agora en proceso de redacción presentaránselle á Consellaría de Vivenda e á Dirección Xeral de Urbanismo, co fin de conseguir financiamento para a súa realización. O custo das obras determinarase durante o proceso de redacción dos proxectos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng