Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Dr. Explosión, Deluxe, Efecto Mariposa e Treixadura no Cristo

Dr. Explosión, Deluxe, Efecto Mariposa e Treixadura no Cristo

31.08.07 14:55

As festas do Cristo terán lugar entre o 13 e o 16 de setembro. Os concertos, un cada día, estarán protagonizados por Doctor Explosión, Deluxe, Efecto Mariposa e Treixadura.

O cartel do Cristo deste ano representa unha verbena no campo da festa do Malecón. Son precisamente os bailes e verbenas os actos máis concorridos das nosas festas, xunto ao veterano Descenso do Sil, que este anos cumpre 41 anos, e os concertos que adoitan ser os preferidos pola mocidade.

Os roqueiros asturianos de Doctor Explosión ofrecerán o primeiro deles o día 13, será pola noite na praza Maior, trátase dun trío creado en 1989 e que teñen no seu haber tres discos longos e sete singels favorablemente acollidos pola crítica. Contundentes, imprevisibles e divertidos no escenario serán os encargados de abrir o telón dos recitais festivos.

Deluxe é o proxecto persoal de Xoel Gómez, un inspirado músico coruñés que compón, toca e canta as súas propias cancións. Presentará no Barco o seu último disco “Fin de un trabajo infinito” no que se inclúe “Colillas en el suelo” quizá o seu tema máis coñecido. Será o día 14 a partir das 21:00 na Praza Andrés de Prada, recinto que tamén acollerá, no mesmo horario, os outros dous concertos.

Efecto Mariposa, para moitos o concerto máis agardado, é un dos grupos en alza no momento actual do pop español, posúe tres CDs no mercado e as súas actuacións caracterízanse pola frescura e a personalidade dos temas cantados por Susana Alva, a vocalista da banda. Estarán no Barco o sábado día 15.

Treixadura, gaiteiros e orfeón, serán os encargados de pechar O Cristo con música tradicional. “Unha semaniña enteira” é o último disco dun dos grupos máis prestixiosos do folque galego. Incorpora o orfeón nos seus concertos, o que lle confire unha orixinalidade que o público do Barco saberá apreciar. Este evento conta co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deporte.  

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng