scatvids.club A LOT OF CRAP Concello do Barco : Magín Blanco presenta "O camiño dos paxaros" para alumnos de primaria

Magín Blanco presenta "O camiño dos paxaros" para alumnos de primaria

30.11.17 11:55

O último traballo do músico valdeorrés está dirixido por Santiago Cortegoso e conta con Marián Bañobre en escena, xunto ao propio Magín Blanco. Máis de cincocentos alumnos de primaria do Barco poderán velo este martes 5 de decembro en dúas funcións escolares no TLO.

Nun luminoso verán, un neno namorado da música goza do amor e dos bailes da súa nai. Cando esta deixa de respirar, no escuro outono, déixalle como legado unha caixiña, que lle é arrebatada por un paxaro que voa cara a latitudes máis cálidas. No frío inverno, inventores e inventoras dos lugares máis afastados veñen tratar de consolar o neno cos agasallos máis incribles, mais el non atopa a luz en ningún deles. Ata que cos primeiros raios de sol da primavera, volven as aves, e con elas o paxaro que trae a caixiña no seu peteiro. Ao abrila, o neno atopa o camiño de cores que guiará os seus pasos.

O camiño dos paxaros é unha historia de superación persoal, contada a través da música e da interpretación, baseada na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida, e loitar para coñecer os seus sentimentos e descubrir cal é o camiño que debe seguir para conseguir a felicidade

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng