dd Concello do Barco : O Venres 2 de decembro, charla sobre aforro enerxético no Concello do Barco

O Venres 2 de decembro, charla sobre aforro enerxético no Concello do Barco

30.11.16 14:25

A campaña “Dalle luz á túa factura” chega este próximo venres ao Concello do Barco, no que se dará unha charla con claves e exemplos prácticos para afrorar ata un 75% do que se paga actualmente na factura de electricidade.Os técnicos do Instituto Enerxético de Galicia e do Instituto Galego de Consumo, que colabora coa Xunta de Galicia nesta campaña, ofrecerán tamén información para entender mellor as facturas, e resolverán todas as dúbidas que ao respecto destes temas podan plantexar os asistentes.

A charla celebrarase ás 18,30 horas, no Salón de Actos do edificio multiusos do Concello do Barco, e á mesma poden asistir todos os vecinos que o desexen. Esta campaña conta con páxina de facebook propia: facebook.com/dalleluzatuafactura/, e un teléfono de información: 900 90 77 23.

Comienza la descarga del archivoInformación

Comienza la descarga del archivoGuia

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng