Teatro do Atlántico presenta o 7 de novembro "A charca inútil" de David Desola

31.10.14 11:15

Teatro do Atlántico presenta o venres 7 de novembro 'A charca inútil', unha peza escrita por David Desola que leva aos espectadores a transitar por camiños absolutamente imprevisibles. Dirixida por Xúlio Lago está interpretada por Gonzalo M. Uriarte, Marcos Vieitez e María Barcala. A función dará comezo ás 21 horas. Entrada 5 euros.

En "A charca inútil" (Premio Lope de Vega, 2007) uns personaxes atormentados deambulan por un mundo de desamparo e medo, vítimas dun ámbito opresivo, dunha sociedade que remove na dor allea. Uns personaxes que se refuxian na loucura para manterse cordos. É tamén unha historia de amor, na que as accións son moito máis importantes que as palabras, e na que o que se intúe é moito máis relevante que o que se percebe. Fala tamén do medo e da morte. A peor das mortes: a morte dun neno. A morte no despuntar da vida, e a dor dunha nai. É tamén unha historia de soidade e misterio na que hai quen quere ver un lugar para a esperanza, pois fala, principalmente, da busca da felicidade. Unha busca se cadra enganosa ou desesperada. Pero unha busca en calquera caso.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng