Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Criaturas, o sarcasmo de Vidal Bolaño sobre a condición humana

Criaturas, o sarcasmo de Vidal Bolaño sobre a condición humana

22.10.13 12:12

O Teatro de Aquí recuperou Criaturas, unhas das pezas que lle dera maior éxito de público e crítica a Roberto Vidal Bolaño. Dirixida por Evaristo Calvo pretende manter o mesmo ritmo, espírito e estética que a orixinal. Este venres, 25 de outubro, no TLO ás 21 horas (entrada 5 euros) teremos ocasión de comprobalo.

Criaturas volve ao noso teatro catorce anos despois. Peza distinguida co Premio Eixo Atlántico 1999, co Premio María Casares 2000 ao mellor Texto Orixinal e co Premio Max para textos en galego en 2001, Roberto Vidal Bolaño indaga e pon de manifesto o que a razón ou a civilización pode ter producido de monstruoso nas persoas ou no que nas rodea. Así, a través de personaxes anónimos e cotiáns, perfílanse criaturas que veñen suxeridas da observación da propia realidade e como pretexto para poñer ao descuberto trazos insospeitados a partir da súa aparente normalidade.

Vidal Bolaño válese do mito de Frankestein como recurso dramático, cando o monstro, antes de se illar definitivamente da civilización, achégase ao noso presente para observalo por derradeira ocasión, nunha viaxe feita dende o humor, a ironía e o sarcasmo.

Nesta ocasión, será Evaristo Calvo que asuma a dirección escénica deCriaturas para repoñer o espectáculo que se representara con grande éxito ás ordes de Vidal Bolaño no ano 1999. Contará para este fin cun elenco integrado por algúns intérpretes que xa participaran naquela primeira posta en escena, como é o caso de Belén Constenla e Xoán Carlos Mejuto, aos que agora se suman Marcos Orsi e Vicente de Souza.

Roberto Vidal Bolaño fundou xunto con Belén Quintáns Teatro do Aquí en 1992, compañía coa que puxo en escena o máis poderoso da súa produción dramática e coa que, ata o ano da súa morte, en 2002, se dedicou con plenitude ao campo teatral, non só como dramaturgo, senón tamén como actor e director, iluminador ou escenógrafo. 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng