dd Concello do Barco : Malasombra teatro presenta a comedia "Go on!"

Malasombra teatro presenta a comedia "Go on!"

23.10.12 09:47

Est venres, 26 de outubro, no TLO ás 21h. a compañía Malasombra presenta "Go on!" unha obra de J.Luis Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Xoque Carbajal e Jouse García.

Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

“GO ON!” recopila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts.

“GO ON!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

“GO ON!” é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como cantarlle unha saeta á Santa Compaña.

“GO ON! é un manual de supervivencia imprescindible para saber como sobrevivir tres días nunha vila en festas ou como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares.

“GO ON! é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas.

“GO ON!” é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase “non me toques os suevos”, cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva para a pregunta: “Que din os rumorosos?”

“GO ON!” . Unha odisea cómica no espacio galego.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng