O señor das dunas, teatro para público familiar

27.09.12 13:57

Este domingo, 30 de setembro, ás 19 horas no TLO preséntase "O señor das dunas", un espectáculo dirixido a todos os públicos, dende os nenos e as súas familias ata os máis vellos da casa. Unha curiosa combinación de teatro, tradición oral e expresión plástica que percorre Galicia patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

Baseado na literatura oral galega, este contacontos compleméntase coa ilustración en directo do relato feita con area. Os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos contos que escoitaron.

Está incluído na campaña FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística e está producido por Merlin P. de Editorial Galaxia. Entrada libre.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng