dd Concello do Barco : Show Cooking

Show Cooking

17.09.12 12:30

O Centro de Promoción de Productos Tradicionais (CPT), no marco do Proxecto Eixo Interior, informalle da impartición dun novo obradoiro de formación, ‘Show cooking: Maridaxe e degustación de produtos de excelencia’, o domingo 30 de setembro no CEIP Ramón Otero Pedrayo (escola de Viloira), en horario de 17.00 a 19.30 horas.

O obradoiro consistirá na elaboración de diferentes pratos a partir dos produtos de Excelencia de Galicia e Norte de Portugal, os cales serán degustados polos participantes, xunto coa cata dos viños de Excelencia.

Existe número limitado de 40 prazas. Esta actividade esta dirixida a todas aquelas persoas interesadas, e especialmente os profesionais da restauración e hostelería. Totalmente gratuito

Programa

Ficha de Inscrición

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng