scatvids.club A LOT OF CRAP Concello do Barco : Caixanova ofrece no Barco a exposición fotográfica ‘Wildlife 2010’

Caixanova ofrece no Barco a exposición fotográfica ‘Wildlife 2010’

18.08.10 10:02

A magnífica colección de imaxes desta exposición é o mellor expoñente do esplendor, drama e diversidade da vida no planeta Terra. Estará aberta ao público ata o 9 de setembro na Sala de exposicións Caixanova do Barco, de luns a sábado, de 19.00 a 21.00 horas.

O concurso anual ‘Wildlife photographer of the year’, organizado pola BBC e o Museo de Historia de Londres co patrocinio de Veolia Environnement, celebra este ano a súa edición número trinta e seis. Aberto a fotógrafos profesionais e afeccionados de todas as idades, pretende promover o crecente interese pola natureza e o medio ambiente, converténdose no máis prestixioso certame mundial de fotografía da natureza do panorama internacional. Nesta edición recibíronse máis de 43.000 imaxes procedentes de 94 países. A magnífica colección instantáneas é o mellor expoñente do esplendor, drama e diversidade da vida no planeta Terra.

Todas as fotografías son froito de incontables horas no campo, unha gran mestría técnica, un exemplar coñecemento do terreo, moito traballo duro, paciencia, paixón, determinación e, por suposto, algo de sorte. Os estilos e os protagonistas das instantáneas son moi variados, desde espléndidos retratos e extraordinarias imaxes de terras virxes a mostras inesquecibles do comportamento animal ou reportaxes medio ambientais.

Nesta edición, foron galardoados nas diferentes categorías do concurso Esa Malkonen (Finlandia) por ‘Bigotudo’, Kevin Schafer (EE.UU.) por ‘Waterpolo entre Botos’, Rob Palmer (EE.UU.) por ‘Un zarpazo afortunado’, András Mészáros (Hungría) por ‘Refrescante gota de chuvia’, Danny Green (Reino Unido) por ‘Nube de estorniños’, Igor Shpilenok (Rusia) por ‘Respecto’, Ana Retamero (España) por ‘Un dosel de dentes de león’, Carsten Egevang (Dinamarca) por ‘Pequenos álcidos para un gran fiordo’, Michel Loup (Francia) por ‘Reflexo dun lucio’, Fergus Gill (Reino Unido) por ‘Choque de escribanos’ e Sam Rowley (Reino Unido) por ‘Coroa real’, entre outros.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng