Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O CDG presenta no Barco “As actas escuras”, de Vidal Bolaño con dirección de Xúlio Lago

O CDG presenta no Barco “As actas escuras”, de Vidal Bolaño con dirección de Xúlio Lago

23.02.10 09:02

Xosé Manuel Olveira "Pico" e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco desta trama centrada nunha investigación sobre os restos do Apóstolo, que sube aos escenarios 18 anos despois da súa escrita desde a fidelidade ao texto orixinal e á visión do teatro que tiña o propio autor. No TLO este venres ás 21 h.

O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres 26 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992, supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo. A función do Barco dará comezo ás 21.00 h.

Investigación sobre os restos do Apóstolo

Xosé Manuel Olveira "Pico" e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco, do que tamén forman parte César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez. Estes 14 intérpretes, moitos dos cales tiveron a oportunidade de traballar baixo as ordes de Vidal Bolaño en diferentes espectáculos, encarnan os trinta personaxes ideados polo autor para desenvolver esta trama, centrada nunha investigación sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela da segunda metade do século XIX.

Xogando cos xiros de varios paneis móbeis, o espazo escénico e o atrezzo deseñados por Rodrigo Roel facilitan os rápidos cambios de escena e ambientación que guían ao espectador nun percorrido pola cidade: a vella estación de Cornes, unha fonda, o café El Siglo, un salón de barbeiro, os sotos da catedral, os salóns do palacio arcebispal… No equipo artístico de As actas escuras figuran asemade Antón Arias Marsal, quen compartiu con Xúlio Lago o deseño de iluminación; Manuel Riveiro, a cargo do deseño do espazo sonoro e La Canalla, do vestiario. Ademais, María Armesto exerceu como axudante de dirección.

A obra comeza coa chegada a Compostela do monxe dominico Don Mauro, quen a petición do cardeal Payá e Rico, máxima autoridade eclesiástica da cidade, debe avalar co seu prestixio como arqueólogo a veracidade dos ósos soterrados na catedral. Don Mauro terá que redactar un informe co resultado das súas investigacións, que será enviado a Roma para ser ratificado polo Papa León XIII. Para esta tarefa, viaxa acompañado do seu sobriño Casiano, mozo librepensador, licenciado en Xeografía e Historia, que no seu afán por buscar a verdade dende postulados científicos, causará certas reticencias tanto nos numerosos cóengos catedralicios como noutros representantes da curia eclesiástica.

Venda de entradas

As localidades para a función de As actas escuras no Teatro Lauro Olmo poranse á venda ao prezo de 5 euros o mesmo venres desde unha hora antes do comezo da representación. Tras esta representación, o CDG continuará coa xira galega da montaxe no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui (5 de marzo), no Centro Cultural Caixanova de Vigo (17 de marzo), no Teatro Rosalía da Coruña (19 e 20 de marzo), no Teatro Principal de Ourense (27 e 28 de marzo) e no Teatro Jofre de Ferrol (3 de abril).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng