O vindeiro sábado 7 de novembro celebrarase no Barco a 4ª Andaina de Outono
Participade nesta andaina totalmente gratuíta, sinalizada, con avituallamentos para repoñer as forzas, e pasade unha mañá diferente aproveitando a montaña da nosa vila.
Poderán participar tódalas persoas amantes da natureza, o deporte e a montaña. Animámosvos a participar.
Para poder formalizar a vosa inscripción deberedes seguir atentamente os pasos que se indican no cartel. Poderedes elixir entre os diferentes xeitos que vos indicamos (presencial, vía sms, e-mail, teléfono...).