dd Concello do Barco : Clausura da Semana da Natureza e Presentación do Atlas Ambiental

Clausura da Semana da Natureza e Presentación do Atlas Ambiental

30.05.09 13:10

O martes 2 de xuño, no Teatro Lauro Olmo ás 19:00 terá lugar a Presentación do Atlas Ambiental e a clausura da Semana da Natureza, onde se comentarán as actividades realizadas nesta edición adicada a biodiversidade.

Vista de Valdeorras no atlas ambiental

Vista de Valdeorras no atlas ambiental

O atlas ambiental é unha ferramenta informática que permite coñecer as principais capas de información xeográfica, con breves explicacións sobre  unidades paisaxísticas, xeoloxía, fauna e flora do concello do Barco de Valdeorras e un xogo para aprender de maneira divertida os conceptos adquiridos.

Pola parte da clausura da Semana da Natureza, terá lugar a entrega de premios dos diferentes concursos organizados este ano, coa temática de biodiversidade: de Fotografía dirixido a o público xeral e para os centros escolares, de debuxo, redacción e fotografía. Na entrada do Teatro estará unha pequena exposición con algúns traballos dos participantes dos concursos e das actividades realizadas durante a XIV Semana da Natureza.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng