O CD Barco xógase este domingo a permanencia na Preferente

21.05.09 10:09

Final de tempada agónico para o CD Barco. Na derradeira xornada da liga 2008-2009 xógase o ser ou non ser, a súa permanencia na Preferente Autonómica á que ascendera o pasado ano. A cita é en Calabagueiros ás 17h30, e o rival o Ponte Ourense. Os dous necesitan gañar este partido.

O CD Barco está na penúltima posición da táboa e o Ponte na antepenúltima coa mesma puntuación. Os vermellos teñen que facerse cos tres puntos para ter opcións de continuar na categoría, condición necesaria pero non suficiente xa que ademais no partido Barbadás-O Gove debería producirse un resultado favorable ao cadro ourensán, ou un empate. Se gañasen os das Rías Baixas este partido os do Barco dirían adeus á Preferente aínda que resolvesen con éxito o seu compromiso na casa.

A directiva, segundo informa o noso colaborador Gilberto F. Carrera, fai unha chamada a afección para que acuda ao campo este domingo a animar os xogadores e a vivir de preto a emoción do final da competición.

Outros partidos que xogarán as outras formacións do CD Barco en Calabagueiros son o xoves ás 19 h. CD Barco-Calasancio, en categoría cadete, e o venres ás 18 h. Centro de Deportes Barco-Arenteiro do Carballiño, en categoría xuvenil.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng