Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : 2ª mesa de participación Axenda Local 21 do Núcleo de Sostibilidade do Concello do Barco de Valdeorras

2ª mesa de participación Axenda Local 21 do Núcleo de Sostibilidade do Concello do Barco de Valdeorras

01.12.08 14:52

O Concello do Barco de Valdeorras organiza as segundas MESAS DE TRABALLO DO SECTOR MUNICIPAL, e do SECTOR POBLACIONAL, ECONÓMICO E ASOCIATIVO. Celebraránse o vindeiro 9 de decembro, ás 13.30 a municipal, na primeira planta do Edificio de Usos Múltiples (Secretaría). A mesa poboacional, asociativa e empresarial terá lugar ás 19.30 no salón de actos do Edificio de Usos Múltiples.

 

 

A Axenda 21 é un proxecto incluído dentro do programa - xestionado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - de Núcleos de Sostibilidade, que ten por obxecto acadar o desenvolvemento económico, social e ambiental do Barco de Valdeorras, mediante a proposta de proxectos de actuación. Para elo é unha labor prioritaria a creación de actuacións dirixidas a conseguir que os cidadáns, coas súas opinións sexan parte activa no proceso de toma de decisións do concello.

 

Os obxectivos fundamentais da segunda mesa serán:

 

1)       Analizar o conxunto de problemáticas económicas, sociais e ambientais descritas nas primeiras mesas convocadas no Plan de Participación do Núcleo de Sostibilidade do Barco de Valdeorras (Municipal e Poboacional/Empresarial/Asociativa);

 

2)       Priorizar problemáticas e suxerir propostas de cambio social, político, ambiental e económico para unha mellora do municipio;

 

3)       Escoller a persoa e a visión do sector representado para a conformación dun Comité de Xestión do Núcleo de Sostibilidade que terá a finalidade de analizar as propostas cunha perspectiva de conxunto.

 

 

Para máis información:

 

·     Melina Rodríguez, Axente Local de Sostibilidade do Barco de Valdeorras

Tel. 988 320202 – sostible@concellodobarco.org

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng