Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : É pequeniña mais dá unhas patacas bárbaras

É pequeniña mais dá unhas patacas bárbaras

24.11.08 10:27

Se unhas das funcións da arte contemporánea é provocar debate sobre o seu significado, o artista vasco-galego Josu Gascón conseguiuno sobradamente no Barco coa súa instalación, diante da Casa do Concello, do que el considera unha metáfora do minifundio e do seu amor á terra.

“É pequeniña mais dá unhas patacas bárbaras” é o título desta montaxe itinerante pola xeografía ourensá que, ao tempo que ironiza sobre o abundante minifundio do rural galego, busca a creación e recuperación de vínculos entre o medio rural e a súa xente, e entre fillos desta terra emigrados e a terra que os viu nacer.

A frase que lle dá nome ao proxecto é da avoa do autor: Antonia González Gago (Vendas da Barreira,1910 - Verín, 2008) A obra tivo a súa primeira instalación no mosteiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) no pasado mes de xuño, inicialmente toda a terra que contiña procedía deste lugar, ao trasladala a Vilaboa (Allariz) desbótase un saco da terra orixinal e substitúese por outro con terra de Allariz. Esta operación repetiuse logo nos seguintes emprazamentos: Verín, Monterrei e A Gudiña. Agora chega ao Barco, onde tras nutrirse con terra de aquí, permanecerá ata finais de decembro. Tras o percorrido por outros lugares da provincia visitará algunhas das casas de Galicia do País Vasco.

O autor Josu Justo Gascón García (Bilbao, 1961) fillo de galegos de Verín, pasou parte da súa infancia no campo axudando nos labores do agro, quizás por iso, no País Vasco onde vive, ten abandonado a cidade para ir ao campo, el como a súa avoa non entende o abandono da terra, e tampouco desexa perder o contacto coa dos seus devanceiros. Tampouco elude o contacto coa xente nin a polémica sobre o seu proxecto, calquera pode escribirlle ao seu correo.

(SM de Cultura)

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng