Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Concello do Barco limpará vertedoiros incontrolados no municipio

O Concello do Barco limpará vertedoiros incontrolados no municipio

07.11.08 16:35

O concelleiro de Medio Ambiente, Luís Ramos, deu a coñecer este xoves no pleno da Corporación a intención do seu departamento de pechar, nos próximos meses, varios dos vertedoiros incontrolados existentes no municipio.


O proxecto dentro do que se inspeccionaron e catalogaron os puntos non controlados (Proxecto de caracterización, localización e limpeza de vertidos incontrolados) iniciouse no ano 2006, e desde entón xa se investiron da orde de 200.000 euros para a erradicación dos vertidos irregulares. Nestes momentos hai outros 30.000 euros aprobados para este fin. En todos os casos, o custo para o concello foi nulo, xa que se trata de proxectos financiados pola Consellería de Medio Ambiente.
O concelleiro recordou este proxecto durante a súa intervención para darlle resposta a unha moción presentada polo Grupo Popular na que pedía unha actuación, cun orzamento de 6.000 euros, para identificar, catalogar e eliminar os vertedoiros. "Imos votar que non á moción, porque todo o que piden está feito, e o investimento que propoñen é simplemente ridículo e xa se superou con fartura", dixo o edil.
O ano pasado, retiráronse máis de 2.000 metros cúbicos de residuos en varios vertedoiros incontrolados. Os esforzos centráronse nos que se consideraron prioritarios, pola súa situación -en proximidades de acuíferos, por exemplo- ou polas características. Para os próximos meses, os esforzos dedicaranse a oito vertedoiros, dos que os máis importantes son os situados en Millarouso, Vilariño e Candís, este último cunha grande cantidade de metros cúbicos de rodas vellas, e cuxo custo de retirada será moi elevado. Outros tres están localizados na estrada de Soulecín.
Na mesma sesión desestimouse outra moción do PP, relativa ao fraccionamento do IBI, xa que o grupo de goberno explicou que, neste momento, todos os contribuíntes que o desexen poden fraccionar xa o pagamento de todas as taxas municipais, non só do IBI. Aprobouse, pola contra, unha moción do PSOE na que se acordou dirixirse ao goberno da nación para que non se aprobe unha emenda aos orzamentos xerais do Estado do parlamentario popular Celso Delgado. Nesa emenda, O PP solicita, segundo se indicaba na moción aprobada polo pleno do Barco, que parte do investimento destinado ao tramo do AVE Lubián-Ourense (134 millóns) se retire do orzamento deste tramo, para dedicalo a outras obras do tren de Alta Velocidade.
Para rematar, o alcalde, Alfredo García, informou da próxima adxudicación das obras de mellora da travesía do Barco, por un importe de 2 millóns de euros, así como a construción de beirarrúas en Éntoma, cun custo de case un millón de euros.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng