Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Golulá, un dos mellores espectáculos infantís, este venres no TLO

Golulá, un dos mellores espectáculos infantís, este venres no TLO

23.09.08 12:54

Golulá é un espectáculo para o público infantil. A través de máxicos personaxes viaxaremos a un mundo misterioso e marabilloso. Este venres ás 20 h. abrindo a temporada no Teatro Lauro Olmo.

Trátase dunha montaxe (ver vídeo) da compañía compostelá Galitoon, dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e que se presenta no Barco, avalado co premio ao mellor espectáculo infantil na X Feira Internacional de Teatro de Ciudad Rodrigo. O guión e a dirección son obra de Andrea Bayer, está interpretado por Andrea Bayer, Migalla Casteleiro, Santiago Alonso e Óscar Ferreira e ten unha duración de 60 minutos.

O máis curioso de Golulá é que só tiña unha nube, unha e ningunha máis. E os seus habitantes tiñan medo a perdela, e por iso tiñan unha gardián moi especial: Bunkaa, un gorila grande e forte e cun gran corazón. Un día, a única nube de Golulá desaparece e todo cambiará; o riso deixará de escoitarse, os ríos comezarán a secarse. Bunkaa e a súa mellor amiga Lara, tratarán de recuperala nunha historia de fantasía acompañada de monicreques, ritmo e música.

A diferenza de outros países, en Golulá as persoas eran todas diferentes, de diferentes especies, de diferentes cores, incluso as persoas falaban en idiomas distintos. Pero, aínda así, todos se entendían. Golulá é unha alegación á fantasía conseguida a través de diversas técnicas de monicreques, ritmo e musicalidade.

Con esta historia pretendese transmitir valores éticos e positivos que promoven o respecto, a tolerancia e a solidariedade; conta coa estrutura dun conto clásico que espertará en todos o espírito de aventura e de bondade que levamos dentro

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng