Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Tropa de Elite, cine brasileiro no cine club

Tropa de Elite, cine brasileiro no cine club

22.09.08 10:12

Tropa de Elite, a película brasileira que proxecta esta semana (xoves 25 ás 20h30 e ás 22h30) o cine clube Groucho Marx, ten interese por moitos motivos. O primeiro deles polo curioso record que posúe: foi vista, grazas a piratería, por tres millóns de brasileiros antes da súa estrea.

Foi laureada co Oso de Ouro á mellor película no Festival de Cinema de Berlín e, xunto aos seus méritos cinematográficos, compre falar  da polémica que desatou ao contar unha historia sobre os excesos da polícía militar e dos seus corpos especiais, en relación coa realidade social de Río onde interactúan os habitantes das favelas, narcotraficantes e clases medias nunha complexa situación de inxustiza e desigualdade.

Ficha Técnica e Artística

Dirección: José Padilha.
País: Brasil.
Ano: 2007.
Duración: 115 min.
Xénero: Drama, thriller.
Interpretación: Wagner Moura (capitán Nascimento), André Ramiro (André Matias), Caio Junqueira (Neto), Milhem Cortaz (capitán Fábio), Fernanda Machado (Maria), Maria Ribeiro (Rosane), Paulo Vilela (Edu), Fernanda de Freitas (Roberta), André Mauro (Rodrigues), Fábio Lago (Baiano).
Guión: José Padilha, Rodrigo Pimentel y Bráulio Mantovani.
Produción: Marcos Prado y José Padilha.
Música: Pedro Bromfman.
Fotografía: Lula Carvalho.
Montaxe: Daniel Rezende.
Deseño de produción: Tulé Peake.
Vestiario: Cláudia Kopke.
Estrea en Brasil: 12 Octubre 2007.
Estrea en España: 18 Julio 2008.

Sinópse

Río de Janeiro, 1997. Nascimento (Wagner Moura), capitán do BOPE (Batallón de Operacións Especiais da Policía), a tropa de elite da Policía de Río, asígnanlle o mando dun dos grupos que teñen a misión de “pacificar” as favelas da lomba (morro) de Turano debido á visita de Juan Pablo II, quen vai a instalarse nunha zona próxima. A capitán, baixo unha presión constante, empeza a notar os efectos do estrés. Ten que executar as ordes recibidas, mentres intenta atopar un substituto, xa que a súa muller, Rosane (Maria Ribeiro), encóntrase nos seus últimos días de embarazo e pídelle constantemente que abandone a primeira liña do Batallón. Nestas condicións, chámanlle para outra emerxencia máis nunha favela. Durante un tiroteo nunha festa funk, Nascimento e os seus teñen que salvar a dous aspirantes a oficiais da policía: Neto (Caio Junqueira) e André Matias (André Ramiro). Desexosos de entrar en acción e impresionados pola actuación dos seus salvadores, os dous preséntanse como candidatos ao curso de formación do BOPE.

Ver trailer

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng