COMEZA A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

17.09.08 19:19

Condución eficiente e bicicletada, entre as actividades


O día 16 comezou en O Barco a Semana Europea da Mobilidade, para a que se previron diferentes actividades destinadas tanto a nenos como a adultos. Os actos desenvolvidos ata agora tiveron como protagonistas aos escolares dos colexios de Ensino Primario de O Barco, que foron visitados por unha "ciclobiblioteca" que desenvolveu diferentes actividades nos centros.
Este xoves día 18 celebrarase un curso de condución eficiente, no que tomarán parte, en grupos de mañá e tarde, as persoas que se inscribiron previamente no concello e que disporán dun monitor para coñecer as posibilidades de aforro de combustible á hora de conducir. Outro acto destacado terá lugar o sábado día 20, coa Bicicletada. Os participantes -todos os que o desexen- realizarán en bicicleta un percorrido entre o Pabellón de Calabagueiros e Viloira, pola Proba e A Raña, para terminar na praza do Concello. Alí sortearanse dúas bicicletas e distribuiranse agasallos entre todos os participantes.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng