Convocada a sesión ordinaria do Pleno para este xoves

11.03.08 12:50

Este xoves 13 de marzo o Pleno municipal desenvolve a sesión ordinaria, a partir das 19 horas, no Salón de sesións da Casa do Concello. Na orde do día figuran tan só tres asuntos na parte resolutoria e os dous de control da xestión do goberno municipal.

A sesión abrirase coa aprobación da acta do Pleno anterior. Logo someteranse á aprobación dos edís un ditame da comisión de Obras e Urbanismo, relativo á aprobación inicial da Modificación puntual 07/07 do PXOM, e outro da mesma comisión relativo á devolución do aval correspondente á concesión de xestión do servizo das Piscinas Municipais.

As resolucións da presidencia e as actas da Xunta de Goberno Local serán sometidas á consideración dos membros da Corporación que poderán, asemade, formular os Rogos e Preguntas que teñan a ben.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng