Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : A Banda de Gaitas presenta "Valdeorras", o seu segundo disco

A Banda de Gaitas presenta "Valdeorras", o seu segundo disco

19.12.07 09:53

A Banda de Gaitas do Concello do Barco presenta este venres o seu segundo disco, gravado coas achegas do Orfeón Valdeorrés e da Tuna de Universitarios do Barco. Once composicións musicais para apreciar a evolución da agrupación que dirixe Manuel Prada dende a edición, en 2001, de "Sons de Calúbriga", a súa primeira gravación.

A portada do disco representa un camiño de lousa

A portada do disco representa un camiño de lousa

Xunto a un fato de temas do cancioneiro tradicional o disco recolle outros da autoría do propio Prada, como "Alalá de Valdeorras", sobre un poema de Jaime Dosouto declamado por el mesmo, "Aluveire" ou "Malecón"; pezas para introducir agrupacións vocais como a Tuna, na canción de Victor Manuel "No sé porque te quiero", ou o "Himno Galego", que canta o Orfeón Valdeorrés coincidindo co centenario da composición de Pondal e Veiga. Este traballo acode, asemade, a melodías compostas por Anxo Pintos, membro de Berrogüeto, sempre con arranxos do director da Escola de Gaitas, Manuel Prada Ramos.

Trala presentación aos medios, a Banda ofrecerá un concerto o próximo 4 de xaneiro, ás 20 h. No Teatro Lauro Olmo e con entrada libre, onde estará arroupada por cantos colaboraron na elaboración deste álbum que, ademais da música, recolle as letras das cancións, composicións gráficas inspiradas nas mesmas e fotografías da Banda e dos artistas invitados.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng