Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Agustín Domínguez lerá o pregón do Cristo

Agustín Domínguez lerá o pregón do Cristo

24.08.07 12:29

Profesor de física xubilado e barquense en permanente exercicio, Agustín Domínguez será o encargado de pregoar este ano as festas do Cristo nun acto que terá lugar o 13 de setembro no Teatro Lauro Olmo.

Agustín Domínguez é un barquense da rúa da Estación, onde naceu o 12 de abril de 1936. Estudou na Academia Dequidt todo o bacharelato con sobresaíntes. Logo na Universidade de Madrid cursa a carreira de Ciencias Químicas. Ao licenciarse comeza a preparar oposicións e, de paso, fixo os tres primeiros cursos de Ciencias Físicas.

A Física foi precisamente a materia que impartiu como profesor os 32 anos en que exerceu en tres institutos madrileños, o último deles o Beatriz Galindo, a dicir del e de moitos “o máis emblemático e prestixioso de Madrid”, alí traballou 23 anos, desempeñando sempre cargos directivos, dando clases a alumnos de COU principalmente e nos últimos cinco anos antes de xubilarse a alumnos do nocturno.

Atendeu sempre a cantos do Barco, de Valdeorras, e mesmo de Bande e Celanova, a terra da súa muller, acudiron a el na procura dunha praza no Beatriz Galindo, un dos centros máis solicitados de Madrid, onde Agustín era unha autoridade.

Logo foi vicepresidente da Asociación de Profesores de Bachillerato de Madrid e, en calidade de tal, participou na negociación da maior suba salarial que tiveran ata entón os profesores interinos e agregados de bacharelato, con Barea de Subsecretario de Facenda do goberno de Adolfo Suárez. Fixo asemade uso da súa capacidade diplomática e negociadora para conseguir que todos os profesores tivesen titoría e o seu correspondente complemento económico, algo que afectaba especialmente aos grandes institutos como no que el exercía. Máis tarde foi tres anos presidente da citada Asociación de Profesores de Madrid e xunto co seu presidente estatal e gran negociador, Francisco Gómez Bueno, conseguen para os profesores o recoñecemento dos trienios polo tempo exercido como interinos, cuestión que tivo unha importancia histórica xa que logo se aplicou, por extensión, a toda a función pública española.

Agustín é sobre todo un tipo do Barco, conversador, simpático e cordial. Gusta da súa vila, onde volve sempre que pode, da súa xente, da boa mesa e das tradicións, como a da Festa do Cristo, que este ano lle reserva un lugar de honra. 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng