BIEN DE INTERÉS CULTURAL TORRE Y FORTALEZA DE O CASTRO

BEN DE INTERESE CULTURAL TORRE E FORTALEZA DE O CASTRO

O municipio de O Barco de Valdeorras conta con gran variedade de Patrimonio Cultural de carácter arqueolóxico e arquitectónico.

Un dos elementos máis destacados é a Torre e Fortaleza de O Castro, que xa contaba coa protección xenérica dos castelos españois do ano 1949 e que foi declarada Ben de Interese Cultural (B.I.C.) o 17/11/1994 coa categoría de Monumento, ano en que foi doada ao Concello de O Barco de Valdeorras.

Tratase dunha construción medieval do século XIV que sufriu destrucións e reconstrucións parciais, posiblemente derivadas das revoltas irmandiñas, pasando a finais do século XV a propiedade dos condes de Rivadavia; sufrindo novas reformas no século XVIII para o seu uso como cárcere. Tras a supresión dos señoríos no século XIX, quedou desatendida, chegando a un estado de abandono e ruína.

No ano 2010, o Concello de O Barco iniciou os trámites ante o Ministerio de Fomento para a rehabilitación do monumento, con cargo ao 1% Cultural. Conseguida a súa aprobación por este organismo, as obras quedaron concluídas no ano 2013 con un presuposto global cercano a 600.000 €, con diversos campos de actuación:

Efectuáronse Escavacións Arqueolóxicas no entorno da torre, que descubriron os orixes bimilenarios de O Castro, con un grupo de cabanas que se superpoñen no tempo, aparecendo bases das primeiras chozas prerromanas de palla-barro, e posteriores construcións de pedra circulares e rectangulares que responden a dúas fases de ocupación romana, século I-II D.C. e III-IV D.C, sendo sobrepasadas posteriormente por construcións medievais e o propio castelo.

Consolidouse a torre medieval mantendo o seu carácter romántico de ruína, investigando nos seus muros as diferentes fases e técnicas construtivas empregadas, e deixando á vista as referencias históricas de todos os descubrimentos. O edificio completouse con unha escaleira metálica de deseño actual, alternada con diferentes terrazas que permiten tanto a contemplación da torre como as vistas do entorno.

A actuación integrase na trama do pobo, completándose con a urbanización dos accesos, a consolidación dunha cova baixo o camiño, e a creación dunha praza xunto á torre onde se representa a pegada arqueolóxica do castro romano, formando un espazo público de gran harmonía que se converte nun espectáculo coa iluminación nocturna. O conxunto pode visitarse sen necesidade de guía, dado que conta con unha serie de paneis explicativos, que informan das características do monumento.

O edificio constitúe a cumbre paisaxística do conxunto de O Castro; e pode observarse en diferentes itinerarios peonís desde O Córrego, Outarelo, Xagoaza e Tremiñá.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng