O Barco ao día

11.03.19 09:27

Este venres Animal Sagrado, espectáculo infantil de Aporía Escénica

Animal Sagrado trata do amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais cosiderados sagrados en distintas culturas. Unha peza para público familiar que interpretan Diana Mera e Fran Lareu. O venres 15 de marzo ás 20h no TLO.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]
06.03.19 12:48

Actividades con motivo do Día da Muller

O Concello do Barco organizou unha serie de actividades con motivo do Día da Muller, que comezan o 7 de marzo cun ciclo de cine programado polo Cine Clube Groucho Marx.

Category: Noticias
[ler máis]
05.03.19 13:04

O Barco acolle a exposición de viñetas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

As instalacións do Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acolle, do 1 ao 17 de Marzo, unha exposición sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) creada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello.

Category: Noticias
[ler máis]
25.02.19 10:29

Todo preparado para o Entroido no Barco

Un ano máis o Entroido convídanos a saír ás rúas co mellor humor, disposición á sátira, ao grotesco e ao irreverente. Uns días para deixar que a imaxinación e a troula tomen protagonismo. As comparsas están convocadas ao desfile do Martes (17h30) con premios á participación.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]
25.02.19 10:07

Este venres Strpts/Finde tempada de Cinema Sticado no TLO

O colectivo Cinema Sticado presenta a Xosel Díez e Helena Varela nun espectáculo diferente: cine ao vivo ou teatro multimedia combinando diferentes técnicas. O venres 1 de marzo ás 21 horas no TLO.

Category: Noticias, Noticias Cultura
[ler máis]

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng