concello o barco de valdeorras
Inicio
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL

Xa está listo o programa de actividades do Nadal 2109.
Moitas actividades para todos os públicos.
Xa está aberta a inscripción para a Carreira do Turrón, que como sempre ten carácter solidario, con entrega de alimentos por parte dos participantes.
Convocadas as axudas municipais a ANPAS e a entidades culturais
O Boletín Oficial da Provincia publica as Bases que regulan a convocatoria de axudas a ANPAS e asociacións culturais do concello do Barco para os exercicios de 2018 e 2019. En todos os casos o prazo de solicitude é de dez días hábiles contando desde o seguinte día ao de publicación no BOP.
Excéntricas presenta Medida x medida de Shakespeare este venres no TLO

Medida x medida de William Shakespeare é unha das grandes producións do teatro galego nesta temporada, cun elenco de luxo e a dirección de quico Cadaval a compañia PT Excéntricas celebra con ela o seu 15 aniversario. No TLO este venres 29 de novembro ás 21 horas.
PROGRAMA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta fin de semana comezan as actividades organizadas polo Concello do Barco con motivo do Día internacional para a erradicación da violencia de xénero, que se conmemora en todo o mundo o 25 de novembro. Son moitas as actividades que componen o programa diseñado pola Concellería de Igualdade con..