Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Viloira (San Martiño)

Viloira (San Martiño)

Fachada da igrexa de San Martiño de Viloira

A localidade de Viloira, unida ao centro urbano do Barco por medio da ponte sobre o río Sil, suma un total de 856 habitantes. Sen este núcleo de poboación, que experimentou un importante crecemento nas últimas décadas, non se podería entender a existencia da propia vila do Barco. Para algúns historiadores a orixe do topónimo está en Villa aurea(m), asociada aos abondosos aproveitamentos auríferos da conca do Sil. Da presenza romana é tamén testemuña unha ara votiva atopada en 1970 no leito do regueiro Valado, dedicada ao deus indíxena Tileno e hoxe depositada no edificio Mulitusos do Concello. Entre os seus elementos de  interese cómpre salientar a Casa Grande, magnífico pazo de 1637 que pertenceu á influente familia dos Quiroga, cos seus elegantes e apracíbeis xardíns hoxe abertos para o deleite de toda a veciñanza, a praza de Ramón Otero Pedraio (o antigo Toural da feira), ou a igrexa parroquial de San Martiño, coa súa fachada en pedra vermella do país.

A parroquia de Viloira celebra as súas festas patronais en xuño, a Outava do Corpus -segundo a denominación local- con data variábel no calendario. Tamén mantén a referencia festiva ao santo titular o 11 de novembro, o popular San Martiño, coa festa do Magosto que se celebra en toda a comarca para a degustación das castañas asadas ou bullós, froito que os soutos valdeorreses producen en cantidade e calidade, acompañadas de viño novo e chourizos asados. Recoméndase non deixar de facer unha visita á feira, os días 6 de cada mes, onde poderemos atopar unha gran variedade de artigos, ademais da parada de rigor nun dos postos de polbo para saborear un prato deste delicioso produto.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng