Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Millarouso e Santurxo: Candís, Carreiras (A Concepción)

Millarouso e Santurxo: Candís, Carreiras (A Concepción)

Igrexa de Santurxo
Igrexa de Santurxo

As entidades de poboación desta parroquia, bipolar na súa denominación oficial, suman un total de 83 habitantes, repartidos deste xeito: en Millarouso, o núcleo principal, viven 52 persoas; Candís ten 16 inscritas; en Santurxo residen 9 persoas; e finalmente As Carreiras acolle 6 habitantes. Pola súa singularidade, cómpre salientar tamén o casal e as terras do Priorado, que constitúen unha boa mostra das podentes casas herdade do medio rural galego.

O lugar de Santurxo -forma toponímica resultado da aglutinación de Sant Xurxo- garda no altar maior da súa igrexa unha ara votiva de factura romana con alusións a Baco, alcumado o “Pai Liberador”, considerada polos estudosos unha das primeiras referencias á viticultura nas terras de Valdeorras. Candís, un nome de antigas resonancias, citado nas fontes medievais como Quendiz, presenta a raíz cand-, recoñecíbel noutros topónimos cos que podería ter relación como Candeda, Cando ou A Candaira...  Dálle tamén denominación ao río que tras percorrer as terras montesías de Candeda e Domiz, entre lembranzas de antigas pontes e vellos muíños maquieiros, de pozas de augas limpísimas e abundancia de troitas pescadas “ao desamergullo”, réndelle tributo ao Sil na paraxe de idéntico nome.

O contorno de Millarouso e Santurxo é un excelente exemplo da ordenación da terra, da racionalidade no seu uso e a paisaxe na cultura tradicional: terras de labor, bacelos, lameiros, soutos e árbores froiteiras de toda caste esténdense pola ladeira e arrodean as construcións da aldea, formando un conxunto harmónico e evocador, suxestivo, coa aparencia de se erguer no medio da frondosidade. 

A parroquia celebra a súa titular, a Inmaculada Concepción, o día 8 de decembro, e mais o Santo Antonio, avogoso de mozas e mozos casadeiros, e da facenda e das cousas perdidas, o 13 de xuño. 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng